Deportivo-La-Coruna.com Forum

Deportivo-La-Coruna.com Forum (http://www.deportivo-la-coruna.com/forum/index.php)
-   Other Languages (http://www.deportivo-la-coruna.com/forum/forumdisplay.php?f=22)
-   -   Foro em galego/português (http://www.deportivo-la-coruna.com/forum/showthread.php?t=5484)

MCORTES 14-06-2007 13:36

Xoán, si home, estou de acordo contigo, non hai nada que permenece do 'SuperDepor'. É o fin dunha época - ¡necesitamos un 'SuperDepor II'! Pero... ¡teño unha corazón branquiazul e sempre hai 'SUPER DEPOR'!:)

Blue_Nation 14-06-2007 21:27

Quote:

Originally Posted by MCORTES
¿Home, es galego? Soy de La Coruña, en Galicia - pero ¡SOY ESPAÑOL! ¡Soy un patriota orgulloso! :)


Paréceme ben. Aínda que nom penso igual, pero respeto os teus sentimentos.
Eu vivo ao carón de A Corunha, nacín na Galiza, crieime na Galiza, vivo na Galiza, así que nom teño máis remedio que sentirme galego. E tamén som um patriota orgulloso, pero do meu pobo, o galego. Que por iso temos umha cultura e um idioma diferentes. E a moita honra. :)

Xoán 15-06-2007 10:08

O dito, cada um e' patriota de onde lhe peta. No meu caso abonda com olhar para o meu avatar ;)
Bom, deixemos o tema, isto ja foi falado na sua altura neste mesmo foro.

MCORTES 15-06-2007 11:10

Bueno, home, estou de acordo contigo… son un galego moi orgulloso - nacin na cidade de La Coruña - onde a família da miña avoa viveu fai moitos séculos, e a família do meu avó é de Abegondo. Encanta-me todo galego - a xente, a cultura, a música, a língua, a terra, o Dépor... ¡Todos! Pero Galicia foi un parte de España para quiñentos anos, ou mais. A miña família de Abegondo, tiña unha granxa en San Tirso de Mabegondo, e fala, o que agora chamamos, o galego. Pero eles creyeron que falaron en español cun acento galego e cunhas poucas palabras diferentes. Eu sei que a miña família estivo en Abegondo desde trescentos anos, isto o fai galego ¿non? ...pero o meu apelido orixina de Aragón. ¿Eu son galego? Persoalmente, crio que hai unha España unida - unha nación. A verdade é que Galicia non tivo independéncia desde a invasión romana - os suevos, os visigodos, os árabes e entón foi gobernado do reino de Asturias e finalmente, Castilla. Temos a mesma história. Toda a península ibérica foi habitada polas celtas, pero os galegos guardaron as suas raices célticas moita mellor que outras, pola tanta - a nosa cultura própria. A maioria da poboación galega fala español, ou unha forma galega, pero non fala a língua da RAG. Cando escrebo isto, non escrebo na miña língua materna. Sen embargo, poderíamos discutir este asunto por sempre. :) Prefiro ser dunha nación cunha história diversa como España. Son orgulloso ser un español nado na rexión de Galicia.

Xoán 15-06-2007 13:17

'Ta tudo aqui:

http://www.deportivo-la-coruna.com/f...ghlight=galiza

Nao quero comezar de novo... ;)

MCORTES 15-06-2007 14:35

Quote:

Originally Posted by Xoán
Nao quero comezar de novo... ;)


É verdade, non queremos comezar de novo. Hoxe somos afortunados que podemos falar no español e no galego. Como dixen antes, persoalmente, prefiro ser español. ¡Debemos lembrar a discrepar!;)

Blue_Nation 15-06-2007 18:33

Quote:

Originally Posted by Xoán
Por certo, vai-se Cobian... agora sim q ja nao fica ninguem do "SuperDepor"! (Em breve nem Lendoiro ;) )


E agora vaise Conchado tamén. Parece que comeza a estampida...

O debate do próximo adestrador parece centrado entre Lotina e Marcelino. Eu prefiro a Marcelino, pero polo visto tem um contrato apalabrado co Betis, e só viría no caso de que descendan a 2ª.

MCORTES 18-06-2007 08:33

Bueno, Real son os campeóns... quixese que Sevilla gañase a liga se non poderíamos. ¡E cuál é pior, o meu mellor amigo é un siareiro de Real e onte el celebraba! Deben gozá-lo mentres que poden - ¡gañaremo-lo na proxima temporada!

Xoán 19-06-2007 13:56

Bem, q me contades do Celta em segunda? Honestemente, eu prefiro ter o Celta em primeira pq fai o futebol galego mais competitivo, e uma liga sem derby não é o mesmo... Aliás, prefiro a qualquer uma equipa galega a equipinhas como o Betis :yuck: , q fica em primeira (patético).
Muitos do Bilbao tampouco estão contentos de q baixara a Real...

MCORTES 19-06-2007 14:29

Xoán, home, tes razón. Tamen, penso a mesma cousa - eu odio moito o Selta - pero non quixese que fosen abaixo, porque non hai un derby cuál significa que Dépor non pode demostrar cuál é a equipa mellor de Galicia!

Blue_Nation 19-06-2007 15:04

Eu tenho umha mestura de sentimentos. Gústame a Liga coa rivalidade Depor-Celta e os derbies, que coma bem dizides fai o futebol galego máis competitivo. Mais por outra parte nom podo dizer que me entristeza o descenso do Celta, principalmente porque tiven que aguantar a moitos fans celtistas que estaban moi presumidos este verán, porque eles estabam na UEFA e nos íamos baixar a Segunda, dizíam eles. Despois de gañarnos em Riazor e cando o Depor estaba moi mal alá polo Nadal, preto dos postos de descenso, tamén seguían a rir de nós, e aínda com máis forza, porque íamos baixar pra 2ª...Que curioso e caprichoso é o destino ás veces...

Xurxo 19-06-2007 15:06

Quote:

Originally Posted by Xoán
Bem, q me contades do Celta em segunda? Honestemente, eu prefiro ter o Celta em primeira pq fai o futebol galego mais competitivo, e uma liga sem derby não é o mesmo... Aliás, prefiro a qualquer uma equipa galega a equipinhas como o Betis :yuck: , q fica em primeira (patético).
Muitos do Bilbao tampouco estão contentos de q baixara a Real...


Eu tamén quería que se salvase o Celta, de feito estiven en Balaídos con uns colegas celtiñas e animei coma o que máis.

Síntome máis identificado co Depor, sinto máis as cores branquiazuis, pero tamén simpatizo co Celta, ao igual que con calquer outro equipo galego.

Unha pena, pero bueno, teremos derbi na Malata!! jaja

Xurxo 19-06-2007 15:42

Bueno meus, eu ábrome a tomar unhas Estrellas que teño a gorxa seca!

Amor e paz

MCORTES 19-06-2007 16:09

Agora chegamos ao final dunha outra tempada, o futuro do Dépor preocupa-se me. De momento, non sei quen é o novo investimentista, non temos diñeiro, necesitamos novos xogadores, todos saen do club e falan sobre un estádio novo noutro sítio na província. Ninguén se semella ir aos partidos, excepto os siareiros fieis - os RB. Ainda que agora vivo en Londres, ainda vou a alguns partidos durante a tempada. A xente de Coruña que necesita a suportar ao seu club e a sua cidade. Hai algunha información sobre o novo investimentista? Alguén sabe?

Xoán 19-06-2007 17:05

Quote:

Originally Posted by Xurxo
Unha pena, pero bueno, teremos derbi na Malata!! jaja


:D algo é algo! ;)


All times are GMT +1. The time now is 18:53.

Powered by vBulletin Version 3.5.4
Copyright ©2000 - 2021, Jelsoft Enterprises Ltd.