View Single Post
Old 19-06-2007, 15:04   #41
Blue_Nation
Senior Member
Peņa Member
 
Blue_Nation's Avatar
 
Join Date: Jan 2007
Posts: 4,980
Blue_Nation is on a distinguished road
Default

Eu tenho umha mestura de sentimentos. Gústame a Liga coa rivalidade Depor-Celta e os derbies, que coma bem dizides fai o futebol galego máis competitivo. Mais por outra parte nom podo dizer que me entristeza o descenso do Celta, principalmente porque tiven que aguantar a moitos fans celtistas que estaban moi presumidos este verán, porque eles estabam na UEFA e nos íamos baixar a Segunda, dizíam eles. Despois de gañarnos em Riazor e cando o Depor estaba moi mal alá polo Nadal, preto dos postos de descenso, tamén seguían a rir de nós, e aínda com máis forza, porque íamos baixar pra 2ª...Que curioso e caprichoso é o destino ás veces...
Blue_Nation is offline   Reply With Quote