About - Galego

INFORMACION SOBRE O SITIO

Primeiro de todo, esta páxina NON é a páxina oficial do Real Clube Deportivo Da Coruña. A páxina oficial está só en español e pódese encontrar aquí­.

Precisamente isto foi o que inspirou a un siareiro holandés, Léon, para encetar unha páxina deportivista internacional en Marzo do 2000. Ele quixo presentar o Deportivo a xentes que non falasen galego ou español arredor do mundo através da rede. O seu primeiro esforzo senlleiro estaba xa cheo de contidos como as últimas noticias, actualizacións da temporada, información sobre o clube e a escadra, e por suposto os famosos videos de goles e fondos de pantalla.

Foi un grande éxito, pois moita xente que tiña interese polo Deportivo non entendía nen galego nen español. Desta maneira esta páxina ten sido confirmada como unha fonte indispensábel do deportivismo internacional.

En Abril do 2002 Léon decidiuse a formar un equipo para poder mellorar aínda máis a calidade do sitio. Con esta axuda coidamos aumentar o alcance e profundidade dos contidos existentes, engadir novas seccións e tamén criar un novo deseño e presentación. Logo, unha nova edición nasceu en Maio do 2002, edición que foi mais tarde revisada en Decembro do 2002.

AVISO: O QUE FACEMOS E NON FACEMOS

Esta páxina deportivista internacional está feita por e para siareiros do Depor. Como páxina non oficial NON temos acceso directo aos xogadores ou ao clube, e de nengunha maneira influenciamos as decicións do clube. Nós NON representamos o clube.


Porén, se ti és un novo e prometedor talento que quere xogar no Depor por favor contacta directamente con o clube através do seu sitio oficial.

Non facemos reservas de entradas e NON atenderemos peticións de envios gratuitos de materiais diversos como camisolas, autógrafos dos xogadores, fotos ou calquera outro presente ou souvenir. Usa o teu sentidiño á hora de determinar o que unha páxina web non oficial pode facer.

O noso principal traballo en Deportivo-La-Coruna.com é o de ACUMULAR novas e fotos procedentes de diversas fontes na rede e traducilas ao inglés, transformando este lugar nun moi especial “ponto de encontro deportivista”, onde encontrar calquera rumor ou noticia que teña a ver co Depor, en inglés. Máis unha vez, xa que nós non representamos ao clube de ningunha maneira, incluímos amiúdo as nosas propias opinións nas noticias.


DEPORTIVO-LA-CORUNA.COM  A PEÑA

A “International Peña Deportivo-La-Coruna.com” é unha peña oficial composta por persoas que participan activamente no noso foro. Esta é, en verdade, a primeira peña deportivista internacional, sen unha base xeográfica determinada.

Entre os beneficios reservados para os membros encóntranse o acceso a un foro exclusivo, onde combinares con outros siareiros da túa área, facilidades á hora de conseguires entradas para os xogos, a posibilidade de acudires a xuntanzas na Coruña, a oportunidade de votares na escolla do Xogador do Ano e máis, moito máis.

A peña é un lugar de encontro para siareiros que compartillan os bos e maus momentos do equipo e que traballan xuntos para que cada momento sexa especial.

Como ser un membro?

A nosa peña é un grupo de bos amigos. Isto significa que se non te coñecemos non te poderemos aceptar. Ora ben, o único xeito de te considerarmos para peñista é o participares activamente e de maneira construtiva no foro para que, así, poidamos coñecerte mellor e pases a ser nomeado por un dos membros actuais.

SITE INFORMATION HOME PAGE